" />

O presidente da Mancomunidade da Mariña acusa á Xunta de evadir a súa responsabilidade ante o rebrote de Covid19

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere expresar a súa “indignación máis absoluta” coa evasión de responsabilidades da Xunta de Galicia publicada onte, 5 de xullo de 2020, no DOG.

Fran Cajoto explica que “a Xunta de Galicia pretende ocultarse de novo e xogar ao escondite nunha crise sanitaria na que todos os concellos amosamos a nosa colaboración e nos puxemos á disposición para atallar o rebrote por COVID na Mariña. É absolutamente inverosímil e indignante que a Xunta de Galicia traslade aos concellos a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención que se recollen nesta orde, tendo en conta a condición de autoridade sanitaria de alcaldes e alcaldesas. Isto é: aos concellos, sen medios, sen datos de contaxiados, que non traslada o Sergas, sen competencias, sen experiencia e sen capacidade pretende trasladársenos unha responsabilidade que a Xunta de Galicia non quere exercer. Pasamos de xestionar Madrid a xestionar os concellos: Santiago ponse de lado”.

Cajoto pide explicacións a Alberto Núñez Feijóo, e cuestiona a capacidade dalgún concello para “exercer vixilancia”ao non contar con corpos da policía local. “Isto é unha liña vermella”, conclúe Cajoto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo