" />

O prestixioso cardiólogo Carlos González Juanatey analizará O corazón dos lucenses na Deputación de Lugo

O prestixioso cardiólogo Carlos González Juanatey someterá a análise na Deputación de Lugo O corazón dos lucenses. Farao na charla-coloquio que se celebrará mañá  no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a partires das oito da tarde, na que o actual Xefe do Servizo de Cardioloxía do HULA, analizará diferentes aspectos relativos ao infarto de miocardio.
A asistencia ao acto é totalmente gratuíta e libre, ata completar o aforo do recinto.

Entre outros aspectos, Juanatey explicará polo miúdo en que consiste exactamente o infarto; consellos para previr esta doenza; ou cales deben ser as pautas e a trascedencia do tratamento para minimizar as súas consecuencias.

Carlos González Juanatey é doutor en Cardioloxía, e presta servizos no hospital lucense dende o ano 1998. De sobrado prestixio, exerce como Xefe do Servizo de Cardioloxía no HULA dende o ano 2008 e é autor, ademais, de numerosas publicacións internacionais e traballos científicos.
Hai que destacar que a el deben os lucenses o impulso dos servizos de hemodinámica na provincia, tendo en conta que así o xustificaban as cifras de cateterismos realizados anualmente en Lugo.

Para aqueles que non poidan acceder ao Salón para seguir en vivo a conferencia do doutor Juanatey, así como o coloquio que se celebrará a continuación, poderán facelo en tempo real a través da rede, xa que o acto será retransmitido en streaming grazas ao traballo da Fundación TIC.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo