" />

O proxecto de peonalización da Mosqueira terá un prazo de execución de 8 meses

O proxecto de peonalización da Mosqueira, sae a licitación cun orzamento base de 797.016,93€ e un prazo de realización de 8 meses. “A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira”, anunciou Arroxo.

Lugo ten a única Muralla romana completa do mundo, un patrimonio da humanidade e temos a obriga como goberno de protexela e potenciala”, lembrou o concelleiro de Mobiliadade, que engadiu “tal como advertiu o Icomos, as vibracións dos vehículos están a causar problemas estruturais ao monumento, polo que unha das liñas de traballo da área de Mobilidade e retirar progresivamente os vehículos da Muralla”.

Estatua de Castelao

Tamén anunciou que na xunta de goberno de hoxe aprobou a compra da estatua coa que o goberno municipal homenaxeará á figura de Castelao no 100 aniversario da revista Nós.

A estatua de Castelao colocarase na rúa da Raíña, fronte do Hotel Méndez Núñez. Neste establecemento tivo lugar a cea posterior á I Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918, na que Castelao estivo presente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo