" />

O próximo domingo celébrase o XIV Open de Pesca Autonómico Infantil e Xuvenil no Fluvial

O próximo domingo 10 de maio terá lugar o XIV Open de Pesca Autonómico Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco no Río Miño na zona do Club Fluvial, segundo informa a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

Esta competición comezará ás 10 da mañá coa presentación e a adxudicación dos postos para posteriormente, ás 11, dar comezo o concurso que rematará ás 13 horas.

A proclamación dos campións e a entrega dos trofeos celebrarase ás 13:30 horas. As puntuacións serán de 250 puntos por cada peza e un punto por cada gramo, e o cebo será facilitado pola organización do evento.

As inscricións poderán realizarse nas instalacións do Club Fluvial ata unha hora antes do comezo da proba. Os organizadores do evento recordan que non se poderá participar sen a presentación da tarxeta federativa do ano en curso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo