" />

O PSdeG de Lugo, comeza en Viveiro o análise da situación do partido

A sede da Agrupación Socialista de Viveiro acolleu este venres a primeira xuntanza de traballo, que a Xestora programou por toda a provincia, para analizar a situación actual do partido, e tamén coordinar e informar da actuación socialista nas diferentes institucións, como son o Congreso dos Deputados, Senado, Parlamento de Galicia e Deputación Provincial.

Na reunión, participaron o Presidente da Xestora Lucense, Luis Angel Lago Lage, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, a Deputada provincial e Alcaldesa de Trabada, Mayra García, a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz, os deputados autonómicos, Luís Álvarez, e José Antonio Quiroga, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto con todos os edís do seu equipo de Goberno, o Alcalde de Ourol, José Luís Pajon, así como representantes das agrupacións de Vicedo, Xove e Cervo.

Nesta primeira xuntanza avanzouse sobre a situación na comarca, remarcando a necesidade de buscar unha solución ao trazado da variante de Viveiro, demandouse unha maior implicación por parte da administración autonómica na creación e xeración de emprego, e criticouse os paseos triunfais do PP na Mariña. Sobre asuntos orgánicos, emprazouse a toda a militancia a participar activamente en todos os procesos que o PSOE ten nas vindeiras datas.

 

.

Próximas reunións

 

As seguintes convocatorias que a Xestora ten programado son as seguintes; o xoves día 26 será en Monforte; o 2 de febreiro en Vilalba; o día 9 en Foz; o xoves día 16 en Sarria; o 23 na Fonsagrada, e por último o día 2 de marzo na Mariña Oriental.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo