O PSdeG lugués responde a Santos: “tivo que abandonar a secretaría provincial pola perda de apoio do partido”

O PSdeG-PSOE acadou en 2019 resultados “moi positivo” en Lugo baixo a dirección de Gonzalo Caballero, acadando niveis de apoio “moi superiores aos do conxunto do partido en España” tanto nas eleccións xerais de abril e novembro como nas municipais de maio. Así o comunicaron hoxe dende o partido, en resposta ás últimas declaracións realizadas polo ex secretario provincial, Álvaro Santos Ramos, nas que cuestionaba a falta de proxecto do partido con Gonzalo Caballero á fronte e criticaba os resultados obtidos polos socialistas nas pasadas eleccións. Neste senso, os socialistas lembran a Santos que a dirección galega e a federal optaron pola renovación nas candidaturas de Lugo ás xerais poñendo a Ana Prieto e César Mogo como cabezas, e conseguiron pasar de un a dous deputados en abril e refrendalos en novembro.

Así pois, os resultados electorais do PSdeG na provincia de Lugo “foron históricos en 2019 e afianzan ao socialismo galego para acadar o goberno da Xunta en 2020″, consideran dende o PSdeG. O partido está “totalmente encarrilado” en Lugo e “preparado para contribuír ao cambio en Galicia”.

A dirección do partido en Lugo restou importancia aos posicionamentos de Santos Ramos ao que cualifican como “un militante de base que non representa máis que a si mesmo e cunha experiencia electoral propia que se circunscribe a Friol, cos resultados electorais coñecidos”.

Por iso, o PSdeG-PSOE de Lugo insta a Santos a que se centre nas súas responsabilidades como concelleiro en Lugo “despois de que tivese que abandonar a secretaría provincial pola perda de apoio do partido na provincia”. Segundo explica a formación no seu comunicado, a militancia pide lealdade cos actuais secretarios xerais, Pedro Sánchez, Gonzalo Caballero e Patricia Otero, que foron elexidos democraticamente pola maioría e que “representan a capacidade de frear ás dereitas”.

Ademais, a secretaria provincial do PSdeG en Lugo, Patricia Otero, recordou que Gonzalo Caballero comunicou en decembro no último Comité Nacional, do que Álvaro Santos non é membro, que a dirección galega puxo en marcha a elaboración das bases programáticas para as autonómicas baixo a coordinación de Leiceaga, así como un laboratorio de ideas para conectar coa sociedade civil. Finalmente, a presidenta de honor e o presidente do PSdeG de Lugo, Lara Méndez e José Tomé, respectivamente, chamaron ao conxunto da organización a “traballar pola maioría social progresista que se evidenciou en Galicia nos últimos procesos electorais, para darlle un goberno enfocado cara o avance do país cando Feijóo convoque as eleccións”.

Así as cousas, o presidente da Deputación, a alcaldesa de Lugo e a secretaria xeral provincial conclúen: “Hai proxecto, hai votos e Gonzalo Caballero será o próximo presidente da Xunta. Estamos en condicións de poñer fin a Feijóo”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 27, 2019 - 02:30 PM

    Valla vergoña. Si estubesteis calados, e os dedicarais a conseguir máis votantes. Non son eu quen de deciros o que debedes facer.
    Ah! Un cousiña, que é eso da sociedade civil? Que eu sepa todos somos sociedade civil, ou vos os considerados outra cosa e practi ades a diferencia de clases. É hora de que aprendades a expresarnos y non travisxar as linguas, con bocablos que non teñen razón de ser no século que vivimos.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com