" />

O PSOE da Pontenova denuncia que a localidade leva máis dunha semana atendida por un só médico

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, denunciou este martes que as veciñas e veciños da vila sofren os recortes sanitarios do Goberno de Feijóo. “Dende fai mais dunha semana só hai un medico para atender aos pacientes da vila. Primeiro suprimiron unha praza das tres que había, e agora un está de baixa e non a cobren”, advertiu o rexedor.

Así as cousas replica que “a famosa lexislatura do rural de Feijóo estámola sufrindo dia a dia os pontenoveses como se pode comprobar. Hoxe podemos constatar que non estamos na axenda sanitaria do PP, xa que 2.300 veciñas e veciños están sendo atendidos por un só médico”, insistiu.

“Calquera usuario que queira ser atendido no centro de saúde da Pontenova estes dias, ten que esperar unha media de 4 días para ser atendido na consulta médica. Sen esquecer que estamos nunha época do ano con picos de moita afluencia por mor do inverno e da campaña da vacinación da gripe”, argumentou Campos.

“Os nosos maiores, e toda a poboación en xeral, merecemos unha sanidade de calidade, non podemos dar ás costas aos veciños cun dereito que ten que ser prioritario para todas e todos, vivamos onde vivamos. Por iso quero facer un chamamento á Conselleira de Sanidade para que tome cartas no asunto, e cubra na maior brevidade esta praza”, resumiu o Alcalde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo