O PSOE de Abadín denuncia o “abandono” de vías e espazos verdes do Concello

A Agrupación Socialista de Abadín denunciou hoxe o abandono que sofren os espazos verdes do concello, así como a toda a rede de camiños municipais. Advirten que nas parroquias de Fanoi, Labrada, Romariz ou Candia calquera, din, pode comprobar o que tildaron de lamentable estado das pistas municipais. Segundo denuncian fan falta tanto desbroces como mantemento dos viais. 

O mesmo exemplo puxeron coas pontes da vila. Na parroquia de Abeledo, hai unha ponte que leva 4 anos coas barandas, din, “completamente esmagadas, e sen ningún tipo solución”.

Así as cousas emprazan ao Goberno de Rancaño a que se dea un paseo polas parroquias “porque non todo o mundo pode desfrutar dun vehículo todo-terreno gratuíto, como desfruta o Alcalde para percorrer o noso municipio. Queremos que se desbrocen as pistas do Concello de Abadín, e que se realice o mantemento das pontes, para cumprir as normas de seguridade”, resumiu Pablo Díaz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com