O PSOE de Folgoso pide un aumento do SAF e a dotación de saneamento ao municipio

Os socialistas de Folgoso do Courel esixenlle á Alcaldesa, Dolores Castro, que aumente as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para maiores e dote dunha rede de saneamento a todos os núcleos poboacionais. A voceira do PSOE, Carmen Álvarez, explicou que os socialistas presentarán no vindeiro Pleno municipal estas dúas propostas “coas que agardamos contar co apoio unánime de todos os grupos políticos”.

Carmen Álvarez subliñou que ducias de usuarios e familias do Servizo de Axuda no Fogar “trasladáronnos a necesidade de contar con esta prestación tamén durante a fin de semana, pois na actualidade o Concello a ofrece de luns a venres. Dende o PSOE consideramos necesario crear un censo que inclúa as persoas usuarias deste servizo e cantas son demandantes da súa ampliación, así como estudar todas as vías de financiamento públicas que posibiliten a posta en marcha deste modelo asistencial. É fundamental ofrecer aos nosos maiores unha prestación de calidade, atendendo ao alto índice de envellecemento co que contamos”.

A voceira socialista informou, asemade, que dos 50 núcleos de poboación do Concello de Folgoso do Courel só 12 contan con rede de saneamento. Esta situación, acompañada do estado deficitario da depuradora, produce que, en ocasións, as augas residuais das casas dos veciños cheguen ao río Lor, incumprindo a normativa vixente.

Ante esta situación o Partido Socialista presentará no Pleno unha iniciativa para que o Concello estude establecer un proxecto no que se concreten novos modelos de saneamento sustentable, instando á Xunta de Galicia a que sufrague a totalidade ou parte destes estudos que converterían a Folgoso do Courel na capital sustentable galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com