" />

O PSOE de Monterroso pide explicacións nun pleno sobre o despedimento irregular dun traballador da recollida de lixo

O Voceiro do PSOE en Monterroso, Rafael García avanzou hoxe que o grupo socialista solicitara un pleno extraordinario para que a Alcaldesa de Monterroso dea as explicacións pertinentes diante da cidadanía, tralo despedimento irregular dun operario do servicio de recollida de lixo na nosa vila.

O Voceiro Socialista advertiu que, tras coñecer a través dos medios de comunicación, que a empresa LIMPERGAL concesionaria do servicio de recollida de lixo do Concello de Monterroso, ten que readmitir a un traballador e aboarlle os salarios pendentes dende o 17 de xuño de 2021, polas irregularidades detectadas no seu despedimento.

Así as cousas, e tras celebrarse o xuízo por este despedimento, constatouse que houbo unha situación de vulnerabilidade dos dereitos sindicais e políticos deste traballador. “Dende o Grupo Socialista denunciamos que este despedimento debeuse única e exclusivamente a conflitos políticos, que en nada afectaron ao correcto funcionamento do servicio de recollida de lixo na nosa vila. A Alcaldesa esta máis ocupada e preocupada en realizar informes para despedir traballadores que non lle son afíns politicamente que na creación de emprego ou en solventar os problemas da veciñanza”, insistiu.

García afirma que “parécenos chamativo que a Alcaldesa de Monterroso acuda a unha cita xudicial e compareza, e non saiba cales eran as funcións deste traballador, algo que lle pareceu sorprendente incluso a propia xuíza. Cando hai que lembrar tal e como se constatou neste proceso xudicial a propia Alcaldesa elaborou un documento criticando a labor deste traballador”, sinalou.

“As veciñas e veciños de Monterroso non merecen uns representantes que lles mintan, e moito menos que o faga en sede xudicial. Por todo isto queremos que se aclare toda esta lamentablemente situación dende o minuto cero. Os nosos veciños merecen coñecer toda a verdade desta situación, e que a súa Alcaldesa non lles minta e os engane”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo