" />

O PSOE de Palas de Rei reclama un grupo electróxeno no PAC “de xeito urxente”

O Voceiro do PSOE en Palas de Rei, Horacio Rouco, avanzou hoxe que defenderá unha moción na vindeira sesión plenaria coa que reclama ao SERGAS (Consellería de Sanidade), que instale no PAC de Palas de Rei un grupo electróxeno de maneira urxente. Nesta mesma proposta tamén demanda que se contemplen partidas orzamentarias para que o Centro de Saúde e especialmente onde hai PAC, dispoña de grupo electróxeno para suplir os cortes de enerxía eléctrica.

Rouco denuncia que o Punto de Atención Continuada (PAC) de Palas de Rei, estivo sen enerxía eléctrica o sábado día 21 e parte do domingo día 22 do mes de decembro. Advirte que “esta anomalía non pode darse nun centro onde se atenden problemas de saúde, e neste caso urxentes, porque o persoal sanitario ten que acceder as historias clínicas dixitalizadas, dispoñer do carro de paradas cardíacas con desfibrilador (entre outros equipos) etc. Por non haber, non había nin auga, pois a que sorte ao centro ten que ser bombeada a un depósito; é dicir, tampouco se podía cumprir coa mínima hixiene esixible”.

Así as cousas replica que “parece evidente que a atención primaria de saúde e as urxencias extra-hospitalarias, non son unha prioridade para o goberno do PP de Feijóo”. Nesa liña critica que “fai once anos, que os actuais responsables políticos do PP, adicaronse a recortar profesionais sanitarios e non adecuar os centros aos requisitos máis básicos”.

O Voceiro Socialista sinala que “un PAC ou Centro de Saúde, non pode carecer dun sistema automático que xere electricidade no suposto de que se produzan avarías na rede. O Servizo Galego de Saúde, ademais de contar co persoal necesario para atender a asistencia ordinaria e urxente, de ter máis equipos de Socialistas na Provincia de Lugo diagnose que resolvan trastornos ou alteracións da saúde, e eviten a derivación hospitalaria non xustificada, tamén debe dispoñer dun subministro eléctrico permanente mediante un grupo electróxeno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo