" />

O PSOE de Vilalba pide bolardos automáticos na rúa Basanta Silva

O Grupo Municipal Socialista pide ao equipo de goberno vilalbés a instalación de bolardos automáticos na rúa Basanta Silva para previr a situación actual desta rúa peonil que moitos vehículos utilizan como aparcadoiro, afectando a residentes e comercios da zona. Tras as numerosas queixas recibidas, os socialistas pedirán no próximo pleno que se poña solución a esta situación que ocasiona malestar en moitas persoas.

Desde o PSOE critican que non exista “ningún tipo de control por parte do concello, de xeito que o avance realizado coa peonalización da rúa Basanta Silva carece de sentido se non se regula esta situación”, afirma a voceira socialista Elba Veleiro. Nesta liña, tamén solicitarán a distribución de dispositivos de activación dos propios bolardos aos residentes que o soliciten, ademais da “regulación e oportuna señalización do acceso de carga e descarga da rúa”, subliñou Veleiro.

Finalmente, desde o Grupo Socialista “esperamos que este reclamo sexa escoitado polo goberno local e tomen medidas para que cesen estas prácticas que restan sentido á peonalización e humanización das rúas de Vilalba”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo