O PSOE denuncia o “colapso” do PAC de Sarria con 1.000 doentes en lista de espera para Fisioterapia

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero participou este xoves, xunto a Voceira do PSdeG- PSOE en Sarria e traballadora deste PAC, Pilar Yáñez na concentración que se celebrou diante do centro médico, onde denunciaron a caótica situación e o colapso que vive este PAC. “Nestes momentos os veciños desta Comarca viven unha situación critica, xa que hai preto de 1.000 doentes en listas de espera para ser atendidos no servicio de fisioterapia”, denunciou Otero.

No acto tamén participou a Deputada e Voceira de Sanidade no Congreso dos Deputados do Grupo Socialista, Ana Prieto e o Deputado Autonómico, Luis Álvarez, así como José Manuel López e José Luís González, representantes da executiva na Comarca.

A Secretaria Provincial advertiu que “dende que Feijoo accedeu ao goberno galego a atención primaria perdeu máis de 1100 profesionais e 180 millóns de euros só en atención primaria, segundo se amosa nos propios orzamentos oficiais. Por iso estamos hoxe aquí en Sarria, apoiando aos profesionais, aos doentes e aos veciños desta Comarca, que non merecen un goberno do PP que é incapaz de transformar e de afrontar os problemas da sanidade en Galicia, e que se parapeta e trata con desdén a todos os colectivos afectados”, explicou.

Precarización e desmantelamento dos servicios sanitarios en Galicia Patricia Otero aludiu a constante precarización e desmantelamento dos servicios sanitarios en Galicia. “O Goberno de Feijoo non cubre as vacantes dos profesionais nos centros de saúde, nin na época estival nin tampouco cando están de baixa como vimos denunciando constantemente. Ademais na época estival, cando en moitas concellos de Galicia se duplica a poboación, só hai unha enfermeira para atender a 7 médicos, e hai un colapso constante nas citas da consulta médica ordinaria xa que recibimos queixas de que se duplican”, sinalou.

A Voceira Socialista en Sarria, Pilar Yáñez, dixo que “nestes momentos temos ordes da Xerencia do HULA, de dar alta no servizo de fisioterapia a doentes sen supervisión dos servicios médicos. Isto é un autentico atropelo á dignidade das persoas. Merecemos unha sanidade de primeira, e non parches para tapar a incompetencia do PP”, criticou.

Yáñez lembrou ademais que o servicio de Fisioterapia de Sarria non só atende aos doentes da vila, senón que inclúe dos concellos do Incio, Triacastela, Paradela, Páramo, Samos e Láncara. “É dicir estamos falando dunha comarca de 26.000 habitantes, que conta tan só con dous fisoterapeutas, un que traballa en quenda de mañá e outro en quenda de tarde, sen ningún tipo de apoio administrativo, nin auxiliares, nin de celadores”, espetou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com