" />

O PSOE mindoniense acusa a Candia de “actuar como accionista de Norvento” rebaixando o 50% do ICIO á enerxética

Os socialistas de Mondoñedo denuncian que o equipo de Goberno de Elena Candia, aprobou en solitario, rebaixar á empresa Norvento o 50% do ICIO, o que supón que os veciños de Mondoñedo deixarán de percibir preto de 110.000 euros pola recadación deste imposto. Acusan a Candia de “actuar como accionista de Norvento, en vez de defender os intereses dos veciños de Mondoñedo”.

A voceira municipal socialista, Esperanza González, explicou que as rebaixas que marca a ordenanza, aprobada por unanimidade, están enfocadas á promoción de PEMES e autónomos e non á rebaixa de impostos a empresas millonarias.

González replica que “o Concello de Mondoñedo pasará a historia por ser o primeiro de Galicia en rebaixar un imposto pola creación de 5 postos de traballo a unha empresa que conta con máis de 20 millóns de euros de beneficios. Esta é a xestión do PP e de Elena Candia”. Ademais lembra que esta empresa xa ten outros centros de traballo na provincia, como Muras ou Abadín, e en ningún destes concellos se realizou ningún tipo de rebaixa pola implantación desta empresa.

A socialista informou que esta empresa xa conta con axudas da administración autonómica para a explotación deste sector e conta coa concesión pública que realiza o propio goberno autonómico. Nese senso a voceira pregúntalle á rexedora “por qué os mindonienses teñen que deixar de percibir eses preto de 110.000 euros, se non se fixo en ningún Concello de Galicia? Un investimento que podería servir para desenvolver outro tipo de proxectos na nosa cidade, como por exemplo a xeración de novos empregos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo