O PSOE oponse a reclamar ao Goberno que mellore os servizos ferroviarios da provincia

Xornada de Pleno da Deputación de Lugo para falar, entre outros temas, dos servizos ferroviarios da provincia. O Partido Popular presentou unha moción na que reclamaba a mellora de trens e estacións por parte do Goberno Central. O finalizar o pleno, o PP lamentaba esta cuestión que, segundo a deputada provincial Lola Castro, é en favor da “defensa dos intereses xerais e non os partidistas”.

Concretamente, na moción dos populares pedíase, en primeiro lugar, o apoio da Corporación para evitar o peche da venda presencial de billetes e, por tanto, de mantelo non de xeito provisional. O Goberno decidiu no seu momento que a partir do 31 de decembro de 2019 quedarían sen o citado servizo oito estacións ferroviarias de Galicia, concretamente: na de Ortigueira, na Coruña; en tres da provincia de Lugo: Burela, Sarria e Viveiro; en dúas da provincia de Ourense: O Carballiño e Ribadavia; e dúas da provincia de Pontevedra: Guillarei (Tui) e Redondela.

Os populares aseguraban na moción que “a única alternativa presencial” que se ofreceu aos usuarios “foi adquirir o billete a través de Correos, que aplica un suplemento do 5% ao prezo por pasaxeiro. “Isto supón un novo encarecemento, xa que, a principios de ano, Renfe subiu o custe dos billetes nun mínimo dun 1% en función do traxecto”. Asemade, os populares lembraban na defensa da súa moción, que o 15 de xaneiro o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, anunciou a súa intención de manter provisionalmente este servizo “mentres se buscan solucións definitivas mediante acordos de colaboración con deputacións e concellos interesados en manter a venda presencial.

Por outro lado, os populares indicaban que “a decisión do Goberno socialista de suprimir o servizo de venda presencial de billetes nalgunhas estacións, tres delas na nasa provincia, e ás continuas incidencias que hai en liñas que serven a Lugo, súmanse os novos retrasos recoñecidos para a posta en servizo do AVE que debería unir o noso territorio coa Meseta”.

Estes días, varios membros do Goberno deron fechas diferentes, para finalmente quedarse coa de 2021, a todos luces practicamente imposible de cumprir. No texto da moción popular tamén se pedía que se presente un cronograma real e actualizado sobre a evolución das obras do AVE en Galicia, o inicio do período de probas e as previsións de psota en servizo, así como que se melloren as infraestruturas ferroviarias galegas en territorio lucense de forma que se renove o material rodante e se leve a cabo unha actualización progresiva do mesmo.

A deputada provincial concluíu que “a oposición do Grupo Socialista é un exemplo máis do triplo castigo do Executivo Central a Galicia: IVE, AVE e estatuto electrointensivo”.

Uso “torticeiro” do ferrocarril

O presidente do Executivo, o socialista José Tomé, asegurou antes da entrada ao pleno que esta moción, presentada polos populares é o uso “torticeiro” do ferrocarril. “Cando hai catro días, que estaba gobernando, non se acordaba do tren”, denunciaba o presidente quen lembrou que “acaba de saír un informe do Tribunal de Contas, designado cando gobernaba o PP, que dice que os retrasos do tren son imputables á labor de Ana Pastor”.

“Agora resulta que se veñen a enterar de que no último ano envelleceron os tren 35 anos; hasta hai un ano, que gobernaran eles, non cumpriran…”, denunciou Tomé.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com