O PSOE pedirá no Congreso unha solución á néboa na A-8

A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados coa que demandan ao Goberno buscar e aplicar unha solución que permita a utilización da Autovía do Cantábrico entre Mondoñedo e A Xesta cando hai néboa. Lembran ademais que ultimamente nestes meses, os cortes de trafico son constantes, e incluso duran varios días, como ocorreu este pasado mes de outubro, no que a autovía estivo pechada catro días consecutivos.

A deputada socialista sinala que no pasado mes de xuño de 2015, o Ministerio de Fomento, anunciou que convocaría unha consulta no mercado que ofrecera respostas innovadoras para a búsqueda de solucións innovadoras relacionadas co deseño, e a implantación de sistemas de protección antinéboa neste tramo.

Asi as cousas, Pérez Herraiz critica que xa pasou máis dun ano dende este anuncio, e a dia de hoxe, segue sen coñecerse como abordará o Ministerio de Fomento a solución deste problema. Advirte ademais que os cortes de tráfico neste tramo conleva repercusións e resgos para o tráfico na N-634 que é a estrada alternativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo