O PSOE presenta a súa candidatura en Lourenzá que lidera Rocío López

O PSOE presentou este domingo a súa nova candidatura á alcaldía de Lourenzá para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará a actual rexedora socialista, Rocío López. Fíxoo nun acto no que participou o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o candidato ao Senado, César Mogo.

A Alcaldesa de Lourenzá deu as gracias aos seus compañeiros de agrupación “por permitirme encabezar, unha vez máis, o proxecto dos socialistas para Lourenzá. É unha responsabilidade que asumo con moita ilusión e determinación, tal e como fixen no 2015, cando gañamos a alcaldía do municipio, pois é moi gratificante dar resposta ás demandas dos teus veciños. Cando chegamos ao Goberno non foi doado, atopámonos un Concello sumido nunha crise económica moi grande. O día que tomei posesión dixen que este Goberno sería transparente e que escoitariamos sempre aos veciños, estando ao seu carón e permitindo a súa participación. E así o fixemos, gobernando para todos os laurentinos por igual”

 Candidatura para continuar o proxecto socialista

A Alcaldesa de Lourenzá destacou que se trata dunha lista seria, con xente responsable, honesta e comprometida cos veciños da vila. “Ofrecemos experiencia, con persoas que xa estiveron presentes en outras candidaturas; coa renovación, incluíndo caras e xente novas na lista para a continuidade e o futuro do Partido Socialista en Lourenzá.

A lista do PSOE para o Concello de Lourenzá intégrana Rocío López García, Javier Huertas Otero, Manuel Arango Ron, María Mercedes Dengra Sixto, Mario Leiton Ramallal, Sonia Gavino Reigosa, Manuel Castrillón Fernández, Guillermo Rilo Munin, Bernard Henri Denereaz Saillen, Natalia Minhoto Goas e Jose María Martínez Cienfuegos. Suplentes: Vanesa Vallines Dasilva e Berta Oliveros Yanes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com