O PSOE presenta as responsabilidades de cada edil no Concello de Lugo

Lara Méndez, alcaldesa da cidade de Lugo, vén de informar hai escasos minutos das áreas de goberno do Concello que asumirá cada un dos ediles socialistas que a acompañarán nos vindeiros 4 anos ao fronte da Administración Local. Así, mentres a propia rexedora continuará encargándose da protección da comunidade, dirixindo todo o relativo a Policía Local e Bombeiros, o número dous, Álvaro Santos, coordinará a área de Desarrollo Local Sostible, que se dividirá en Medio Ambiente, que levará o propio Santos, Urbanismo, dirixida por Miguel Couto e Desarrollo Local e emprego, a cargo de Mauricio Repetto.

Pola súa banda, Paula Alvarellos, coordinará unha das áreas máis afectadas polas políticas socialistas dos últimos anos, Gobernanza Municipal, que se fará cargo de Economía e Recursos Humanos.

A área en relación coa cidadanía, baixo o nome de Cohesión Social, estará nas mans de Ana González Abelleira e se dividirá en Benestar Social, Inclusión e Terceira Idade, baixo a batuta de Olga López Racamonde e Muller, Igualdade e Xuventude que estarán ao cargo de Abelleira. Por último, Miguel Fernández continuará sendo voceiro da parte socialista do goberno ademáis de manter as áreas nas que xa traballou nos últimos catro anos: Medio Rural e Deportes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo