O PSOE reclama en Ribadeo que se repoña a ambulancia medicalizada da Mariña

A Voceira do PSOE en Ribadeo, Marta Rey, defendeu unha moción no Pleno da localidade, para recAlamar que se repoña a dotación da Ambulancia Medicalizada da Mariña (AM-752), quedando formada por 2 TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias) un DUE e un Médico. Rey demandou ademais a reposición do horario na Ambulancia de Soporte Vital Básico con base en Foz (A-875), volvendo a estar dispoñible as 24 horas do día. A iniciativa foi aprobada por unanimidade.

A Voceira explicou que este servizo é vital para Ribadeo é para toda a Mariña “por iso reclamamos ter os mesmos servizos que nas demais Comarcas, nin máis nin menos, non podemos quedar atrás. O PP de Feijoo só se lembra da Mariña para pedir o voto e para recortar, este é un claro exemplo desa política sectaria”, insistiu.

Rey remarcou que presentou esta moción “para deixar patente o malestar e as queixas das veciñas e veciños de Ribadeo que están en contra deste recorte sanitario. Porque esta é a verdadeira sinal de identidade de Feijóo, o gravísimo deterioro da sanidade pública en Galicia”.

“Temos dereito a unha sanidade pública e de calidade, por iso dende o PSdeG- PSOE vamos a seguir traballando e impulsando iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Ribadeo non pode quedar esquecida do mapa sanitario galego”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo