O PSOE tilda de “verdugos do progreso” a PP e Cidadáns por aprobar os PXE

O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia, Álvaro Santos Ramos xunto coa presidenta do PSOE en Lugo valoraron esta mañá o Presuposto Xeral do Estado de 2018 para a provincia, que aprobou “a alianza do Partido Popular e Ciudadanos, ofrecendo aos lucenses un orzamento mutilado e sendo os verdugos do progreso de Lugo”.

Segundo aseguraron os socialistas, PP e Cidadáns pactaron votar en contra de todas as propostas que presentaron os socialista para incrementar en 33,1 millóns os investimentos do Estado na provincia e desenvolver proxectos imprescindibles para o desenvolvemento de Lugo, “que rexeita a dereita”.

Santos destacou que fronte aos máis de 178 millóns en investimentos para a provincia de Lugo no 2011, “no peor momento da crise”, que ofrecía o PSOE no Goberno Central; PP e Cidadáns, “a dereita española, acordaron e pactaron recortar no 2018 estes fondos en máis dun 66%, ata os 60 millóns, que representan un terzo do que investíamos aos socialistas no conxunto do territorio lugués no 2011”.

O Secretario e a Presidenta explicaron que o PSOE presentou 37 emendas ao PXE de 2018 “totalmente realistas, viables e executables, por valor de 33,1 millóns en investimentos para o conxunto do territorio lugués”. De aprobáranse, feito que non aconteceu, pois “a alianza de PP e Ciudadanos supuxo o rexeitamento á súa totalidade”, a provincia recibiría este ano 93,1 millóns en investimentos por parte do Estado.

En contraposición, Cidadáns presentou unha única emenda, dotada de 100.000 euros, para un estudo sobre o desdobramento da Rolda Norte na cidade de Lugo. “Non pediron nada máis para a provincia que un estudo. E isto foi suficiente para sumar co PP e pactar un orzamento mutilado para os lucenses. Isto é o que lle interesa á dereita deste país os lucenses. Cidadáns é a muleta do PP, os que conxuntamente condenan á nosa provincia e desprezan a todos os lucenses”, indicou Santos.

Fronte a esta cantidade de 100.000 euros para a provincia de Lugo, que representan un 0,00025% do Presuposto Xeral do Estado; Cidadáns pediu 1 millón para A Coruña, 1 millón para Pontevedra e 500.000 euros para Ourense. Fíxoo en emendas aprobadas pola súa alianza co PP.

“A voceira de Cidadáns en Galicia, Olga Louzaou, foi capaz de deixar a man no peto para dicir non a un Orzamento para os veciños do Concello de Lugo de 95,3 millóns mentres pacta e acorda co Partido Popular un Presuposto do Estado mutilado e sen imprescindibles proxectos para o desenvolvemento do conxunto do territorio lugués. PP e Cidadáns son os verdugos do progreso de Lugo”, remarcou a socialista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com