" />

O Sergas di que: “garante a asistencia pediátrica para Becerreá e municipios limítrofes e que en ningú PAC hai pediatría”

A xerencia do Sergas na área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte ven de emitir un comunicado no que di: ”garante asistencia pediátrica para os nenos e nenas do concello de Becerreá e municipios limítrofes. Para o Sergas, garantir a calidade da prestación sanitaria pediátrica nos nosos servizos de Atención Primaria contémplase como prioritaria”.

“É primordial poñer de manifesto que non existen especialistas en pediatría dispoñibles para ser contratados. É pois, un problema común en toda España, xa que non hai profesionais en paro nesta especialidade, o que dificulta a cobertura do cadro de persoal desta categoría nas súas ausencias regulamentarias”. Subliña

No caso concreto de Becerreá, este centro de saúde conta cunha “pediatra dous días á semana para atender á poboación infantil en idade pediátrica, compartida co Corgo (onde está outros 2 días) e con Baralla (onde atende un 1 día)”. Esta semana, esta profesional atópase de vacacións. “Durante a súa ausencia, os rapaces están perfectamente atendidos polos médicos de familia, que tamén son especialistas e están totalmente capacitados para atender aos menores de 14 anos”.

O comunicado remata: “a Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte quere manifestar que no PAC de Becerreá, e en ningún PAC, hai pediatría”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo