O Sergas encarga o derrubo da lavandería e da central térmica da Residencia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) encargou á empresa pública Tragsa a execución dos traballos de derruba dos edificios da lavandería e da central térmica da antiga Residencia Xeral, que contan cun orzamento de 301.827 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Diario Oficial de Galicia publicou os detalles da encomenda, que fixa un prazo de tres meses para executar os traballos de baleirado, demolición completa das estruturas, retirada de depósitos de fuel, e escavación e demolición da cimentación. O espazo liberado será ocupado pola central de biomasa.

As dúas edificacións a demoler datan dos anos 70 e sitúanse na esquina suroeste da parcela da antiga Residencia, na confluencia entre as rúas Serra de Outes e Orquídea. A súa eliminación favorecerá o enlace urbanístico da parcela co barrio, dado que a futura central de biomasa irá soterrada e terá o menor impacto posible na contorna.

A central térmica ocupaba un edificio  de volume cúbico  de dimensións en planta de 13×17 metros e unha altura libre interior de máis de sete metros. A fachada principal ábrese a un amplo espazo exterior onde hai soterrados dous grandes depósitos de fuel de 75.000 metros cúbicos.

O edificio da lavandería do antigo hospital ten dúas plantas sobre rasante, cada una de 14×32 metros. Outro pequeno volume dunha soa planta -de 5×10 metros- alberga un centro de transformación adosado ao principal polo lado norte.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com