" />

O SLG insta a Medio Rural a convocar axudas para ovino, caprino e vacún de carne

O SLG ven de solicitar que se convoquen axudas para os sectores do ovino, caprino e vacún de carne porque seguen desamparados diante da caída de prezos provocada pola Covid-19,

Esta semana “rematou o exiguo prazo de dez días para solicitar as axudas para compensar as perdas provocadas polo confinamento da Covid-19 nos sectores de ovino e caprino. Unha vez máis, tal e como aconteceu co viño, a imposición duns requisitos pensados para outras comunidades autónomas, pero non para Galiza, fixo que o 95% das granxas que podían optar á axuda quedasen fóra”. Dous eran eses requisitos: o primeiro, que a granxa de ovino ou caprino solicitante tivese como mínimo dez reprodutoras. “Aí entraban case 4.000 explotacións galegas. O segundo, que fosen solicitantes das axudas da PAC para o sector, co cal as posibles beneficiadas reducíronse a unhas 200”.

Segundo o SLG as axudas de compensación “deben ser por granxa e que, para calcular o importe que lle correspondería a cada unha, se faga unha estimación a partir da diminución nas vendas neste ano en comparación coas vendas realizadas o ano anterior.

Desmantelamento das oficinas agrarias comarcais

O SLG encontra outro factor negativo o cal  non axuda a que os diversos sectores en crise se beneficien de posibles axudas; o desmantelamento da rede de oficinas agrarias comarcais na Galiza, que son as que deberían promover as subvencións e axudar a xestionar a súa tramitación. Porén, hoxe en día o sector ten que recorrer a xestorías e entidades bancarias para pedir axudas tan importantes como as da PAC.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo