" />

O subdelegado do Goberno recibe á presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Lugo

O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, recibiu esta mañá no seu despacho á presidenta da Asociación Española contra o cancro en Lugo, Mariluz Abella García, dentro da rolda de visitas institucionais que a nova responsable da Asociación Española contra o Cancro en Lugo está a realizar, dende que ocupou o posto o pasado 15 de decembro.

Mariluz Abella, que é inspectora xubilada de Educación, explicoulle ao subdelegado os seus obxectivos á fronte da asociación: aumentar o número de socios, a rede de voluntarios e a recadación destinada á investigación do cancro. Ramón Carballo transmitiulle o seu apoio, tanto persoal como institucional.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo