O tecido asociativo impartirá formación do programa ‘Prende!’

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou hoxe nun almorzo de traballo con diversas asociacións no marco do programa Prende! Bota raíces no rural, promovido pola institución provincial para xerar emprego xuvenil e fixar poboación.

O obxectivo desta reunión técnica, que tamén contou coa presencia do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, foi implicar a colectivos relacionados coas actividades profesionais sobre as que versarán as accións formativas do proxecto – enerxías renovables, turismo, xestión forestal, e agricultura e gandería- para que sexan as que impartan a formación, pois son “as que mellor coñecen a realidade destes sectores, as súas necesidades e demandas, o que nos axudará a casar logo mellor a oferta e a  demanda”, explicou o Presidente.

Ademais dos responsables e técnicos do organismo provincial implicados no programa, ao encontro celebrado na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos acudiron Noelia López López, presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE); Francisco Real e Luisa López Cela, presidente e técnica da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo; José Rodríguez Blanco, representante de Unións Agrarias; Verónica Marcos Arrojo, da Asociación Sectorial Forestal de Galicia (ASEFOGA); José Luis Fernández Armesto, de Cruz Vermella; e Ana María Fernández Moiras, responsable de Relación Laborais da CEL.

Prende! Bota raíces no rural, que contará cun orzamento de case 300.000 euros e estará financiado ao 92% con Fondos Europeos, está destinado aos mozos e mozas dos 58 concellos da provincia que contan con menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.000 ou 10.000 que presentan un saldo demográfico negativo. A Deputación de Lugo ten previsto que as bases para apuntarse no programa queden aprobadas antes de que remate este mes.

Os 60 participantes recibirán formación e adquirirán experiencia laboral en actividades profesionais cun importante peso no sector produtivo da provincia e cun gran potencial de crecemento, como son enerxías renovables, turismo, xestión forestal, e agricultura e gandería.

Durante a formación, de 4 semanas, percibirán 14€ por día, e no período de prácticas en empresas, de 8 meses, un soldo mensual de como mínimo 900€. Aos interesados en emprender, a Deputación outorgaralles 5.510€ para arrancar o seu propio negocio. Este proxecto reforza as políticas de emprego que ten en marcha a Deputación, que inviste 7,4M€ en tres plans que dan traballo a medio cento de persoas, ademais de manter máis de 300 postos de traballo no rural coas residencias, o SAF e a teleasistencia.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @Donatelo
    Nov 21, 2019 - 01:29 PM

    Huyyy siiii reunidos con los socialistas, solo faltan los sindicatos y…..

    Que puede salir mal?? https://t.co/BracAsE8aq

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com