" />

O TSXG falla a favor da Xunta fronte á Deputación de Lugo aínda que considera unha obriga legal do goberno autonómico cofinanciar os servizos sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla a favor da Xunta de Galicia fronte á Deputación de Lugo, aínda que considera unha obriga legal do goberno autonómico, cofinanciar os servizos sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Antón Veiga, voceiro nacionalista na Deputación, afirmou esta mañá en rolda de prensa, que a sentenza ven a dicir que o decreto de Servizos Sociais aprobado pola Xunta é inxusta.
Escoitámolo:

A Deputación de Lugo presentará un novo recurso, para aclarar canto tiña que ter aportado a Xunta desde o 2012, para servizos sociais na provincia de Lugo.
A sentenza afecta á maioría dos Concellos da provincia de Lugo, menos a cidade de Lugo e vilas como Monforte, Sarria ou Vilalba, por superar os 20.000 habitantes.

Doutra banda, O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto coa Vicepresidenta, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, estivo hoxe en Burela para informar da nova liña de colaboración do organismo provincial co sector pesqueiro, que destinará 150.000 euros á mellora de embarcacións dedicadas á pesca da baixura, con base en calquera dos portos da Mariña luguesa.
Escoitamos a Gómez Besteiro:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo