" />

O uso da máscara será obrigatorio agás contadas excepcións

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello da Xunta vén de adaptar o acordo de medidas preventivas para facer obrigatorio o uso de máscaras en todo momento.

Deste xeito, explicou que “os cidadáns deberemos levar a máscara tanto ao aire libre como nos espazos pechados, sempre que se poida concorrer con outras persoas e aínda que se poida garantir a distancia de metro e medio”.

As excepcións serán: aquelas persoas que teñan problemas respiratorios; cando se trate de persoas convivintes, tanto en espazos abertos como pechados; nas praias e piscinas durante o baño ou cando se permaneza sen desprazarse; nos establecementos de hostalería, no momento de consumir; e no caso de exercicio ao aire libre, sempre que sexa individual.

Fotografía: pixabay

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo