O verán é tempo de xadrez

A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez en colaboración co Concello, a Deputación e outras entidades privadas, organizan por sexta vez o Campamento de Xadrez este verán, en diferentes quendas do 24 de xuño ao 6 de setembro.

O obxectivo que se persegue con este programa é o de fomentar a práctica deste deporte entre os máis pequenos da cidade e da provincia e contribuir a acadar os beneficios que o xadrez trae consigo na formación integral dos participantes. Ao mesmo tempo, búscase facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos lucenses.

O campamento levarase a cabo na Nave de Asociacións situada no Parque de Frigsa e o horario será de 9 a 14 horas coa posibilidade dun horario de “madrugóns” que comezaría ás 8 horas e un de “tardóns” que finalizaría ás 15 horas para facilitar a conciliación.

As inscripcións, cun precio de 60 euros o campamento completo, se poderán realizar no teléfono 657.97.49.37 e no enderezo electrónico xaquedrum@gmail.com . Ademáis, as familias terán a oportunidade de apuntar aos pequenos por días soltos por un prezo de15 euros. Do mesmo xeito, a asociación conta con descontos para o segundo e terceiro irmán, para os que van a máis dun campamento, e para alumnos do CEIP Illa Verde.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com