O verdadeiro motivo para a pasarela da N-VI: Outra urbanización con centro comercial

O goberno municipal, a través da alcaldesa Lara Méndez, ven de anunciar o inicio das obras da pasarela sobre a Nacional VI que unirá unha rotonda da Avenida dos Deportes co aparcadoiro do estadio Anxo Carro, cun custo de 1.113.179,81 euros.

En Esquerda Unida opuxémonos a este proxecto desde o primeiro momento, alegando varios motivos para elo: unha obra mastodóntica que superará de longo o gasto dun millón de euros para non solucionar ningún problema, pois non ofrece ningún itinerario alternativo aos que xa existen; as dimensións da pasarela fan que o percorrido máis curto siga a ser o paso soterrado; e infrinxe os obxectivos da Estratexia Dusi, por utilizar materiais que provocan altas emisións de CO2. Unha nova obra inútil e irracional que foi sometida a cambios de deseño despois de demostrarse que non cumplía os criterios legais de accesibilidade, tal e como denunciara acertada e reiteradamente Carlos Portomeñe como concelleiro.

Agora, a maiores, consideramos un despropósito iniciar unha obra de un millón de euros (o 20% corre a costa das arcas municipais) en plena crise económica provocada pola pandemia do coronavirus, con centos de traballadores/as en ERTE´s ou perdendo o seu emprego, coa actividade económica moi limitada e con miles de lucenses en risco de exclusión social, afirmamos que a cidade ten moitas outras prioridades que cubrir antes que construir unha pasarela que non cumplirá ningunha función pública. Unha obra que, ademais, polas súas características e envergadura require grandes movementos de terra e causará enormes trastornos na zona.

En referencia ao orzamento, Cando a alcaldesa anunciou o proxecto en febreiro de 2018 o orzamento previsto era de 555.000 euros, polo que xa vai costar, como mínimo, máis do doble do previsto.

É preciso sinalar que a empresa adxudicataria, Construcciones Taboada y Ramos, xa resultara beneficiada no anterior concurso e renunciou a desenvolver a obra queixándose do alto prezo do aceiro. Nun novo concurso, a obra foi novamente adxudicada á mesma empresa, esta vez por unha cantidade 124.814,40 € maior que o orzamento do primeiro concurso. Asi, o orzamento inicial de 988.365,47 € pasou a ser de 1.113.179,81 euros. O orzamento foi anunciado en rolda de prensa pola voceira do BNG e o voceiro do PSOE o 5 de decembro de 2019. Unha manobra legal pero absolutamente inmoral por parte do goberno municipal e a empresa.

Pero o máis grave, é que PSOE e BNG gardan silencio sobre o auténtico obxectivo da pasarela: servir aos intereses privados da nova urbanización que inclúe unha grande superficie comercial entre a Ronda do Carme, Marqués de Ombreiro e a N-VI. Trátase dun sector de solo de 165.000 metros cadrados para o cal o PXOM fixa un máximo de 1.247 viviendas residenciais. Outro proxecto especulativo nun pulmón verde da cidade, que ademais é innecesario cando somos a terceira urbe do estado con máis vivendas baleiras, unha de cada catro existentes.

A páxina web da promotora xa comenza a descripción do proxecto enmarcándoo na Estratexia DUSI: “El Sector S-14.R está integrado dentro del ámbito del proyecto conocido como “Muramiñae – De la Muralla al Miño” en la Estrategia DUSI de Lugo”. (http://www.aventoconsultores.com/proyectos/en-curso/sector-14/)

Os terreos pertencen ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo (APEC), un dos principales valedores da alcaldesa. Non en balde, o último acto da campaña electoral en 2019 celebrouno Lara Méndez na APEC pedindo o voto útil da esquerda.

A promoción do sector de solo corresponde á empresa Avento, pertencente ao expresidente da Confederación de Empresarios Lucenses (CEL) e noutrora constructor estrela do partido nacionalista nos tempos de esplendor “do ladrillo”, política causante da crise económica no noso municipio.

A primeira Xunta de Goberno Local tralo estado de alarma pola Covid-19 concedeu 17 licencias urbanísticas despois de reunirse coa APEC, entre elas, unha nova estación de servizo no Ceao demandada xudicialmente por EU Lugo, cuxos terreos pertencen ao seu presidente, que tamén actúa como promotor da esquina de San Roque coa Ronda da Muralla, paralizada xudicialmente por unha demanda presentada por varios colectivos.

Nesa mesma Xunta de Goberno aprobou o expediente para a construción da pasarela sobre a Nacional VI. E tamén a licencia para un novo hipermercado Mercadona que se ubicará no sector S-5.I, en Infanta Elena, promovido tamén pola la promotora Avento.

O acordo de goberno entre o PSOE e o BNG inclúe a pasarela sobre a N-VI, sinalando textualmente que o goberno de coalición “executará os proxectos xa aprobados para a eliminación das barreiras que separan a cidade do río e impulsaranse novas medidas”. Unha vez máis, o PSOE actúa para os intereses dunha minoría empresarial e o BNG exerce de cómplice mudo sobre os temas de máis calado.


Texto: Esquerda Unida

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com