" />

O Vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda visita obras en Folgoso do Courel

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da alcaldesa da localidade, Dolores Castro comprobou hoxe in situ as actuacións levadas a cabo nos últimos exercicios no concello de Folgoso do Courel grazas a axudas da Vicepresidencia.

Alfonso Rueda destacou que o concello recibiu preto de 150.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas, aos que hai que sumar outros 68.000 euros do Plan de Camiño. Grazas a estas axudas o concello pode levar a cabo actuacións que benefician directamente aos seus veciños e contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida.

O Fondo de Compensación Ambiental, permite aos concellos beneficiarse das explotacións eólicas, e no  caso de Folgoso, logrou a través da liña competitiva axudas de 70.000 euros, coas que puido mellorar infraestruturas rurais e acondicionar espazos públicos, así como recuperar ambientalmente o entorno do centro de saúde de Seoane.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo