O +XTi ofrecerá de balde ocio e formación subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas

O Concello de Lugo, a través da concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, pon en marcha varias actividades de ocio e formación, dentro da programación gratuíta do +Xti, subvencionadas polo Plan Nacional sobre Drogas.

Así o anunciou esta mañá, a edil titular desta concellería, Ana González Abelleira, quen explicou a programación, que contará cun curso de Comunicación con éxito, e outro de Recursos lúdicos para animación, así como un taller de deseño e impresión.

En canto ás inscricións, a primeira das formacións, que se presenta co título Comunicación con éxito: emocións, creatividade e emprendemento, contará con 15 prazas abertas ata o 17 de xullo ás 14.00 horas. O curso terá lugar no Cei-Nodus, os luns, mércores e xoves, dende o 20 de xullo ata o 7 de agosto en horario de má de 10.00 a 14.00 horas.

Pola súa banda, 10 mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, poderán inscribirse ata o 24 de xullo na formación Recursos lúdicos para animación. Un curso que se impartirá do 27 de xullo ao 14 de agosto de luns a venres, tamén en horario matutino, de 10.00 a 14.00 horas. Neste curso, dun total de 60 horas, tratarse o deseño e programación de actividades lúdicas, dinámicas e xestión de grupos, xogos e cancións, técnicas de globoflexia, maquillaxe de fantasía e malabares e técnicas circenses.

Por último, o obradoiro Deseño e Impresión 3D dirixido tamén á mocidade entre 18 e 35 anos, contará con 10 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, aberta ata o 28 de xullo. Impartirase tamén no Cei-Nodus, esta vez, dende o 30 de xullo ata o 7 de agosto, no mesmo horario que os anteriores. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo.

As inscricións, para calquera das tres alternativas, débense realizar no enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal, facendo referencia ao curso, nome e apelidos, DNI e teléfono.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com