" />

O Xulgado ordena que a causa sobre branqueo de capitais na Fábrica da Luz de Lugo forme parte da peza principal da Pokemon

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo acordou a acumulación á peza principal da denominada operación Pokemon da causa por branqueo de capitais aberta contra un exedil do Concello de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil e un empresario. Nesta última investigáronse a contratación do proxecto, execución de obras e explotación da antiga Fábrica da Luz de Lugo, así como o concurso de adxudicación da publicidade nos autobuses urbanos e a elaboración do prego de condicións para adxudicar o servizo municipal de autobuses.

O maxistrado, do mesmo xeito que indicou a Audiencia Provincial nun auto, lembra que, procesualmente, se podería seguir a tramitación da causa por branqueo con independencia da que instrúe os posibles delitos orixe das ganancias sobre as que opera a figura do branqueo de capitais, con todo, “non se pode obviar que se trata, inequivocamente, de delitos conexos e que deberían ser xulgados conxuntamente”.

Por tanto, segue o criterio da Audiencia, que estima que se trata “duns feitos que conviría que fosen axuizados no seu conxunto en atención á conexión entre todas as condutas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo