" />

Obras de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal

Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase que durante os vindeiros días realizaranse os traballos de asfaltado no entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Segundo indicou Alexandre Penas, “trátase dunha actuación necesaria e moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa”.

A actuación inclúe o asfaltado con mestura en quente e o pintado da separación de carrís de circulación con prazas de estacionamento e prazas para persoas con mobilidade reducida. Alexandre Penas lembrou que “esta actuación servirá tamén para aumentar o espazo dedicado ao Mercado de Frigsa”.

Alexandre Penas informou tamén que dende a área de Mobilidade se están realizando nestes días actuacións nas rúas Río Sar, Avetarda e Couselo. Desde a concellería de Infraestruturas pídese á veciñanza que circule con precaución nas zonas afectadas e infórmase que segundo as necesidades da actuación se poderán establecer restricións ao tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo