Ofrenda

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e lembrar o histórico Reino.

Os particulares podemos participar elixindo o aspecto polo que profesemos devoción – polo Santísimo, ou polo Reino -, ou naturalmente polos dous, que as devocións poden ser compartidas. No meu caso, fun o sábado presentar a tradicional Suma Poética, xa que existe unha copiosa producción literaria arredor do Sacramento, mesmo de autores como Valle Inclán, Panero ou Altolaguirre, con sorprendentes resultados. Pero os representantes oficiais quizais non poidan sustraerse á participación conxunta, polo que os nacionalistas adoitan non asistir.

Prívanse así de participar na única expresión pública de Galicia como Reino, que se só nos queda a lembranza, non se pode esquecer o vencello da Igrexa e da fe coa historia, e a súa expresión artística na “Marcha solemne do Antigo Reino”, que naceu na Catedral de Lugo para acadar co tempo a condición de himno.

Se eu fose nacionalista convencido, veríame obrigado a aproveitar esta posibilidade histórica e – lembrando que “París ben vale unha misa” – reivindicar o Reino de Galicia na ruta cara unha futura entidade independente, co nivel que os galegos acordásemos e as lexislacións futuras permitisen. O non asistir pode significar querer partir de cero, pero tres séculos e medio de historia son dificiles de borrar de un plumazo, ou cunha ausencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com