" />

Oito novos casos en Lugo por Coronavirus

Onte a noticia era que en Lugo ,por primeira vez baixaban os infectados por Coronavirus e, aínda que sabiamos que estes datos tiñan que ver co efecto fin de semana, cando hai veces que os  novos casos chegan tarde para cando se fai o reconto, hoxe a nova e que hai oito novos casos que elevan a cifra, segundo informa a Consellería de Sanidade, a 563. A Xunta, por medio da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.342, deles 1.071 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 992 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 1.081 da área de Vigo, 871 da de Santiago, e 307 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, “168 permanecen en UCI, 939 están en unidades de hospitalización e 4.235 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 610 altas de pacientes e 199 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 30.002.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo