" />

Olalla Rodil pide nacionalizar Alcoa

Despois de que esta mesma mañá Alcoa confirmase ao Comité de Empresa que o vindeiro 25 de xuño iniciará formalmente o Ere anunciado, que afectará un milleiro de empregos, Olalla Rodil, urxiu ao goberno do PP na Xunta e ao do PSOE e Podemos en Madrid a “aclarar xa se vai haber unha intervención pública para evitar o peche da factoría de aluminio e a destrución dun milleiro de postos de traballo ou se van permitir que se poña en xaque o futuro dunha comarca e siga avanzando o proceso de desmantelamento industrial de Galiza”.

”.“Ás portas dunha crise económica sen precedentes como a que vai vir despois da crise sanitaria da Covid-19 non nos podemos permitir que en Galiza se destrúa nin un só posto de traballo nin peche nin unha soa industria nin polo prezo da enerxía nin polas ameazas dunha multinacional”, sentenciou .

A semana pasada, o deputado do BNG Néstor Rego presentou no Congreso dos Deputados unha Proposición non de Lei que pide a intervención de Alcoa e o seu retorno ao ámbito público, salientando que se trata dunha solución posible dentro do marco normativo galego, estatal e europeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo