" />

Olalla Rodil: “precisamos novas políticas para que vivir no rural non sexa un acto heroico”

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou o concello de Navia de Suarna xunto co edil do BNG, Roberto Carballo. Na visita a candidata do BNG destacou que “Navia é o exemplo da perda de servizos públicos que as políticas do Partido Popular aplicou nos últimos once anos, especialmente para a poboación do rural”. “O rural pode ser un motor estratéxico do desenvolvemento económico e social do país, especialmente no sector agrogandeiro e forestal, mais tamén no cultural e nos coidados”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil e Roberto Carballo visitaron o centro de saúde de Navia de Suarna, que conta só cun médico. A candidata do BNG criticou que “os recortes do Partido Popular fixeran que un concello quede co seu centro de saúde desatendido se o único médico dispoñible ten que saír a atender unha urxencia ou realizar unha visita domiciliaria”. Segundo Olalla Rodil, “o goberno da Xunta de Galiza maltratou nesta década á veciñanza do rural eliminando servizos públicos esenciais como a sanidade”.

Valoración do Barómetro do CIS

A candidata do BNG por Lugo valorou os resultados do barómetro publicado onte polo CIS. Olalla Rodil lembrou que “a única enquisa válida é a que o pobo galego emita nas urnas o 12 de xullo”. “Precisamos un cambio real na Galiza, e para iso o primeiro paso será converter a Ana Pontón na primeira presidenta da Xunta de Galiza”, sentenciou Olalla Rodil.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo