A oposición retíralle a confianza a Lara Méndez

O Concello de Lugo celebrou por segunda vez este mes, un pleno extraordinario co fin de sacar adiante o proxecto de orzamentos presentados polo equipo de Lara Méndez, esta vez, o goberno local levaba esta cuestión a pleno a través dunha cuestión de confianza e apelaba a “responsabilidade da corporación”. Esa era a petición da alcaldesa ao abrir o debate de hoxe. Unha rexedora que perdeu a confianza de toda a oposición, cos votos en contra de PP, Cidadáns e ACE-EU, e a abstención do BNG-AA e Lugonovo.

Unha negativa que xa viña anunciada dende hai días e, incluso, meses; pois hai medio ano o grupo mixto ACE-EU presentou unha moción de reprobación que saíu adiante cos apoios do PP, BNG, e Cidadáns. O certo é que o pleno de hoxe non servíu ao equipo de goberno para aprobar estes orzamentos para os que están “dispostos a utilizar todos os instrumentos dos que dispoñemos para a súa consecución”, explicaba Méndez quen engadía “se é necesario, poño a disposición da corporación o meu cargo; entre un cargo e a cidade teñoo claro: Lugo é o primeiro”.

Moción de Censura

Todos os grupos expuxeron as súas razóns para a negativa ou a abstención e non dubidaron dun e doutro lado en expoñer unha posibilidade que lles queda pendente: a moción de censura, un instrumento político posible neste caso, dado que o goberno está en minoría e para o que a oposición tería un prazo de un mes, tras o que os orzamentos presentados polo equipo de Méndez, quedarían aprobados automáticamente.

“En decembro do ano pasado o noso grupo propuxo unha moción de censura para, deste xeito, entre todos, buscar un goberno diferente capaz de sacar a Lugo do desgoberno”, expoñía a voceira de Cidadáns, Lara Méndez, quen pedíu ao partido maioritario no pleno, o Partido Popular, que tomara a iniciativa nesta cuestión. “Semella que agardan vostedes a que llelo dean feito, a que lles regales a alcaldía, pero sen facer nada para lograla ou para merecela. Que ofrecen vostedes aos lugueses e luguesas e aos membros desta corporación para lograr o noso apoio?” Se cuestionaba Olga Louzao.

A esta moción de censura uníuse tamén o grupo nacionalista. O seu voceiro, Rubén Arroxo, asegurou que o PP non tería os 13 concelleiros necesarios para brindarlles apoio neste eido e ofreceuse a Lugonovo e ACE-EU, a unirse a el “sentémonos mañá para iniciar un goberno á esquerda do socialista”, proposta que a voceira de Lugonovo, Cristina Pérez, aceptou de boas maneiras “non vamos a apoiar unha moción de censura feita polo PP ou por Cidadáns, pero si a do BNG”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com