" />

Orozco non será de novo alcalde de Lugo

Co 100% dos votos escrutados,  semella que a cidadanía de Lugo terá que agardar para coñecer quén será o novo/nova alcalde/alcaldesa. Tanto Lugonovo como BNG-A.A declararon a este medio que en ningún caso pactarán co PSOE, un goberno municipal liderado por José López Orozco.

O BNG xa saíra do goberno local pola imputación do xa ex-alcalde, e Lugonovo deixouno meridianamente claro durante a campaña, polo que se deduce que Orozco non repetirá como alcalde a vindeira lexislatura.

O Partido Popular conseguiu dez concelleiros, os socialistas con Orozco á cabeza nove, seguido pola plataforma cidadá Lugonovo con tres, BNG-A.A dous, Cidadáns outros dous, e Alternativa Cidadá de Esquerdas con Portomeñe consegue despois de quince anos, un concelleiro.

Deste xeito, ábrese un abano de posibilidades de cara a configurar unha nova maioria para gobernar Lugo. Despois de escoitar as valoracións de todos os candidatos, semella que o novo goberno local estará conformado por partidos de esquerda, e serán necesarios neste proceso un mínimo de tres agrupacións políticas.

Lugo non foi indiferente ao movemento cidadá que reclama novos xeitos de facer política, e amosou nas urnas o descontento xeral cos partidos tradicionais, que no caso das tres formacións presentes no Concello, perderon en primeiro lugar o Partido Popular 7.721 sufraxios, os socialistas 5.881, e o BNG 565 votos.

En total, os partidos presentes no consistorio perden máis de 14.000 votos. Isto achega unha visión do descontento da veciñanza co xeito de facer política dos partidos máis representativos do país.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo