Os bombeiros de Lugo terán salarios equiparados aos de Ourense

Tras meses de debates, discusións e, incluso, mobilizacións, os Bombeiros da provincia de Lugo están de noraboa. O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de bombeiros, Darío Campos Conde, vén de anunciar que os traballadores dos parques de bombeiros da provincia aumentarán os seus salarios que se equipararán cos que cobran os seus compañeiros de Ourense.

“É unha gran satisfacción acabar coa discriminación que sufrían os traballadores dos parques de bombeiros de Lugo e poder dar cumprimento, por fin, a unha vella demanda destes traballadores, era de xustiza que os bombeiros de Lugo cobraran o mesmo que os seus compañeiros, por iso estou moi contento de sacar adiante esta iniciativa, máis aínda nun momento no que a Deputación asume definitivamente a presidencia do Consorcio, que deixará de ser rotatoria”, manifestou Darío Campos.

O aumento salarial dos traballadores producirase logo do acordo que tomou hoxe o Consorcio provincial de Bombeiros, nun Pleno no que se aprobou a modificación dos contratos coas empresas concesionarias do servizo de intervención en emerxencias que abrangue os 6 parques de bombeiros da provincia, situados en Viveiro, Vilalba, Barreiros, Chantada, SarriaMonforte de Lemos.

Para levar a cabo o incremento salarial do persoal dos parques de bombeiros foi necesario modificar os prezos dos contratos coas dúas empresas concesionarias nas cláusulas referidas ao presuposto do contrato e á masa retributiva salarial do persoal. Para poñer fin á discriminación salarial dos traballadores dos parques de bombeiros de Lugo,
incrementarase o prezo dos dous contratos este ano en 659.000 euros, que achegarán ao 50% a Deputación provincial e a Xunta de Galicia, que son as dúas institucións integrantes do Consorcio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com