" />

Os casos activos de Coronavirus en Lugo ascenden 744, un menos que onte

Na Área de Lugo nas últimas vinte e catro horas rexitraronse 26 novos positivos e un falecemento. As altas foron 26 polo que, na actualidade os número de casos activos é de 744, un menos que onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.365 deles 1.223 son da área da Coruña, 744 da de Lugo, 509 da de Ourense, 651 da de Pontevedra, 431 da área de Vigo, 626 da de Santiago, e 181 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 200 en unidades de hospitalización e 4.136 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.525 persoas curadas, rexistrándose 710 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron varón de 93 anos que faleceu no hospital privado POLUSA de Lugo, unha muller de 85 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e un varón de 89 anos que faleceu no CHUAC. Todos presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 421.776.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo