" />

Os centros cívicos da cidade abrirán ao público a partir do vindeiro fin de semana como espazos públicos de socialización

A edil de Benestar, Olga López Racamonde, anunciou hoxe que a partir deste próximo fin de semana, os centros cívicos da cidade volverán abrir ao público, recuperando así o seu papel como espazos públicos de socialización.

A decisión, segundo sinalou a concelleira obedece á suspensión do Estado de Alarma e á evolución que está a seguir a pandemia na cidade, “o que nos permite poñer a disposición das persoas usuarias as instalacións municipais con todas as garantías sanitarias”.

López Racamonde incidiu na importancia de manter, igualmente, todas medidas e protocolos xa coñecidos para previr a propagación dos contaxios.

“Dende este fin de semana a veciñanza pode regresar de novo aos centros e facer uso das súas dependencias como salas de lectura, xogos ou obradoiros, mais é preciso lembrar que non podemos baixar a garda e cómpre manter as precaucións e respectar as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias para conter o virus, como facer uso da máscara, controlar o aforo ou manter a distancia social”.

O Concello de Lugo conta sete centros cívicos ubicados en distintos puntos da capital (Milagrosa, Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Maruja Mallo, Sagrado Corazón, e Uxío Novoneyra) cos que o Goberno de Lara Méndez quere propiciar unha convivencia interxeracional entre as persoas que residen na mesma contorna urbana e cos que tamén pretende achegar as prestacións públicas que dependen da administración local ao conxunto da sociedade lucense, fomentando a igualdade de oportunidades e dereitos en toda a cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo