Os Codex Cinema estrean “Anatomía dunha caída”

Esta semana e por mor dos festivos os cines Codex abrirán a partir do mércores 6 de decembro coa estrea do filme francés  “Anatomía dunha caída”, unha brillante película perfectamente axustada e medida e que levou a Palma de Ouro Á Mellor Película, no pasado festival de Cannes 2023.

Sinopse: Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel morre en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se  se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato; o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com