Os concellos lugueses recibirán 152.000 euros para a loita contra a violencia de xénero

Os concellos de Galicia recibirán directamente do Estado un total de 1.054.944,06 euros para a loita contra a violencia de xénero. A provincia de Lugo recibirá 152.225,31 euros, mentres que a da Coruña recibirá 356.522,79 euros. Pontevedra ten consignados 380.637,35 euros, e a provincia de Ourense 165.558,61 euros.

A Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reiterou a importancia de que os concellos recuperasen as competencias en materia de igualdade e de violencia de xénero tras a reforma da lexislación aprobada polo Goberno.

Neste sentido, lembrou que a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade absoluta, como demostra o feito de que unha das primeiras medidas aplicadas foi precisamente a modificación da lexislación para devolver competencias aos concellos nesta materia, na que a proximidade coas vítimas é fundamental.

Para iso, o Executivo devolveu competencias dos concellos e dotounos de recursos económicos para que poidan desenvolver as súas políticas.

Sistema Viogen

Pero ademais, a normativa establece que aqueles municipios que estean incorporados ao Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero ( Viogen) reciben máis achega, ao reservarse unha parte do fondo estatal a este fin. Esta achega adicional para os municipios que participen no Viogen será distribuída proporcionalmente entre eles.

Cabe significar que dentro das diferentes actuacións previstas para a loita contra a violencia de xénero, no caso concreto de Galicia establecéronse dúas liñas fundamentais de traballo a desenvolver desde as subdelegacións do Goberno, como son a constitución ou reactivación das mesas locais de coordinación institucional e a posible participación das policías locais, en coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado, na protección das vítimas. A incorporación das policías locais exponse fundamentalmente a través do sistema Viogen, mentres que a posta en marcha das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional, prevista na Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, constitúe un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos implicados en cada municipio na loita contra a violencia de xénero e ten como obxectivo optimizar as posibles actuacións que se precisen desenvolver.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo