Os ‘Lobiños’ percorrerán A Fonsagrada o próximo día 30

O Vicepresidente da Deputación en funcións, Argelio Fernández Queipo, e o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, presentaron esta mañá a VI edición da Ruta dos Lobiños, a cita cicloturistica junior que segue os pasos da xa consolidada Ruta dos Lobos. A ruta cicloturista celebrarase o vindeiro domingo día 30 de xuño e percorrerá 13 quilómetros do Concello da Fonsagrada.

Fernández Queipo sinalou que “ao igual que organizamos a Ruta dos Lobos queremos darlle a posibilidade aos máis pequenos de coñecer a riqueza turística e paisaxística que temos no Concello. Uns 100 rapaces participaran nesta nova edición da ruta cicloturística”.

López López destacou que “esta é unha oportunidade única para acercarse A Fonsagrada e poder pasar un día en familia. Gustaríame convidar a todo o mundo a desfrutar desta ruta cicloturística que pasará por lugares emblemáticos do concello”.

Na proba participarán rapaces entre 7 e 16 anos, aínda que tamén poderán inscribirse os pais e outros adultos. A ruta terá unha dificultade baixa e ao final da mesma organizarase unha gincana. A inscrición tamén inclúe un xantar de confraternización. Os interesados poden solicitar o formulario de inscrición no correo electrónico: rutadoslobos@hotmail.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com