" />

Os Microefectos, de novo, en escena

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo en sesión de tarde e noite o xoves e venres en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión, representaranse catro pezas novas.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

As pezas que interpretarán esta semana son É un longo camiño a Belesende, escrita e dirixida por Brais García; Cada dúas horas e media, de Conchi Madrina; Cumbre devastación, de Pepe Saavedra e El candidapto, de Brian Rodríguez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo