Os primeiros obradoiros de ilustrarNós levaron o debuxo e a música aos colexios de Albeiros, Paradai e Quiroga Ballesteros

Baixo o título Os nosos ilustres instrumentos, a ilustradora Laura Romero e o músico Juan A. Álvarez impartiron esta mañá nos colexios de Albeiros, Paradai e Quiroga Ballesteros os primeiros obradoiros do programa ilustrarNós, que nas vindeiras semanas chegará a catorce centros educativos de todas as comarcas con distintas actividades relacionadas co mundo da ilustración, deseño e artes gráficas.

A través do debuxo directo e da música, as nenas e nenos puideron coñecer de preto algúns instrumentos tradicionais – o seu nome, as diferencias entre eles, os materiais, o son que emiten ou a súa historia – e vincular os seus sons ás cores, establecendo un paralelismo entre os sons máis vivos e agudos e as cores cálidas e os sons máis graves, profundos e calmados. A sesión introduciu así ao alumnado no valor do debuxo como linguaxe.

Os obradoiros continuarán as vindeiras semanas, con este calendario:

Primaria
Os nosos ilustres instrumentos. Laura Romero e Juan A. Álvarez
21 de marzo
CPI Ramón Piñeiro, de Láncara
CEIP Virxe do Carme de Sober
25 de abril
CEIP San Cosme de Barreiros
Fondo Nois de Foz
26 de abril
CEIP O Salvador
CEIP Plurilingue da Pontenova
27 de abril
CPI de Cervantes

Secundaria
Crear BD: da banda deseñada á novela gráfica. Kiko da Silva.
25 de marzo
IES Río Cabe de Monforte
22 de abril
CPI Dr. López Suárez de Friol
IES Pedregal de Irimia de Meira.

Formación superior
A Guía Ninja do Ilustrador/a. Alberto Guitián.
6 de maio
Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com