Os restaurantes poderán dar cens e o toque de recollida retrásase ata as 23 horas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, compareceu na tarde de onte ante os medios para dar conta das novas medidas anti covid que o Goberno galego adoptará a partir de mañá, venres.

Ademáis dos municipios que cambian de nivel de restricións, o presidente da Xunta anunciou que, dende esta medianoite os restaurantes poderán servir ceas ata as 23 horas cumprindo, eso si, certos requisitos como ter unha licenza específica, funcionar con cita previa, levar un rexistro de clientes ou garantir a calidade do aire. Esta medida, moi agardada pola hostalería, conleva tamén o atraso na hora de recollida, que, dende o venres será dende as 23 horas.

Como xa ocorreu coa instalación dos códigos QR nos bares e restaurantes hai unhas semanas, o Goberno Galego dará unha prórroga de 7 días para que os hostaleiros poidan adaptar os seus locais ás novas medidas en caso de querer dar ceas. A partir dende o 23 de abril os restaurantes que dean ceas deberán ter instalados aparellos de control de CO2 para garantir a calidade do aire.

Doutra banda, o presidente aclarou que aqueles locais de hostalería sen licenza de restaurante deberán seguir pechando ás 21 horas como estaba establecido.

Entre os requisitos que a Xunta esixe aos hostaleiros que dean ceas, non só están a instalación dos aparellos de control de CO2, senón que tamén deberán levar un rexistro dos clientes ademáis da obriga de xestionar a ocupación das mesas con reserva previa.

Para levar o rexistro de clientes os hostaleiros deberán solicitar aos clientes das ceas o seu número de DNI así como un número de teléfono de contacto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com