Os socialistas de Portomarín denuncian a situación de abandono dos baños do campo da feira

A Voceira socialista de Portomarín Silvia Rodríguez, avanzou que presentará no vindeiro pleno de setembro unha iniciativa para que se amañen e se limpen regularmente os baños públicos do Campo da Feira da vila.

Rodríguez remarca que presenta esta proposta porque durante a Festa da Xuventude estes servizos públicos presentaban un estado “catastrófico” e se non se coidan a imaxe de Portomarín sae prexudicada diante das persoas que a visitan.

 “Se queremos vender e promocionar o noso Concello temos que empezar dando exemplo coidando o noso patrimonio, como neste caso os baños públicos do Campo da feira. Criticou a voceira socialista.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Teresa Pacios Valin
    Set 08, 2019 - 08:52 PM

    Que noxo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo