Os socialistas de Quiroga conseguen o compromiso do Concello para arranxar o cemiterio de Lor

A Agrupación Socialista de Quiroga conseguiu o compromiso do Alcalde de atopar unha solución parra arranxar o cemiterio de Lor.  O Voceiro Socialista, Vicente Parra avanzou que nas pasadas datas rexistrou un escrito no Concello co que reclamaba ao Alcalde que realízase as xestións pertinentes para proceder á reparación do muro de contención sobre o que se asentan os nichos do cemiterio de Quintá de Lor, debido a o seu acusado deterioro. Hai que lembrar que este cemiterio presta servizo nos núcleos rurais de Santa Andrea, Freixeiro, Margaride, San Pedro, Conceado, Paradela, Carballo de Lor, Poza e Rio Maior.

Así as cousas Parra explica que recibiu unha notificación do Concello, na que se sinala que o Concello está disposto a colaborar para arranxar esta situación, segundo se explica no propio documento; “o Concello está disposto a formalizar un convenio de colaboración coa Diocese, como xa fixo noutras ocasións anteriores, coa finalidade de mellorar a instalación do cemiterio parroquial, tal e como indiquen os técnicos”.

O Voceiro remarca que rexistrou esta petición tras escoitar as demandas das veciñas e veciños, que denunciaron o lamentable estado no que se atopa este cemiterio de Quiroga. “Hoxe por fin comprobamos que as nosas queixas foron escoitadas, por iso estaremos vixiantes a que se cumpran esta petición, tal e como di o escrito asinado polo propio Alcalde de Quiroga. Por iso desexamos
que non quede só nunha declaración de intencións, porque o cemiterio de Lor necesita un arranxo urxente”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com